CONCLUSIÓNS PARTICIPANTES

Opinión de Mari Luz (Contable)

Empresa viable dende o seu inicio.

No último momento decidiuse optar por unha estratexia máis pesimista que a exposta na hipótese de vendas debido ao altísimo beneficio que se obtiña, de tal forma que a previsión de vendas final supón unha ocupación do 20% de luns a venres e do 60% as fins de semana.

A saúde financeira da empresa é moi boa: é solvente, non ten problemas para afrontar pagos a curto prazo (froito da estratexia de cobros ao contado e pagos a 20 días) e o seu endebedamento a longo tamén é moi pequeno.

A única ratio non ideal é tesourería debido ao exceso de liquidez que presenta e que supón diñeiro sen rentabilizar. Para eliminalo levaríase a cabo un maior investimento tanto en activos como en capital humano para ofrecer a alta calidade que nos caracteriza.

Por último, en canto á rendibilidade, superior sempre ao 30% e incluso ao 50% (excepto o segundo ano no que se incrementa a capacidade produtiva) poucas opcións mellores se atopan hoxe en día.

Opinión de Cristina (Enxeñeira)

Á vista dos resultados expostos pola nosa contable, está claro que a viabilidade da empresa está garantida, tanto a curto como a longo prazo, se ben é certo que todo iso dependerá de que os factores clave funcionen eficientemente e cumpran un obxectivo primario e fundamental. Con iso quero facer referencia por exemplo aos recursos publicitarios e de captación de clientes, que xogan un papel primordial en que se faga realidade a hipótese de vendas, así como a negociación cos provedores da materia prima.
Coas cifras sobre a mesa o que se fai evidente é que teremos que investir o noso exceso de tesouraría en conseguir fidelizar aos clientes e neutralizar os posibles "imitadores" que poidan xurdir, o cal nos asegurará seguir vendendo o noso produto en anos futuros coas cifras estimadas.
O sector da Hostalaría é tamén moi doadamente influenciable polas modas e os gustos dos consumidores, e neste punto é onde penso debemos concentrar todos os nosos esforzos, buscando un persoal altamente cualificado, que de prestixio e bo nome ao noso negocio, aínda que nos "custe" non obter uns beneficios tan substanciosos.

Opinión de Ana (Publicista)

Se analizamos o modelo de Amat, vemos que a nosa empresa supera os niveis óptimos en todos os indicadores económicos analizados xa dende o primeiro ano de vida. 

Estes resultados prodúcense incluso despois de empeorar as previsións iniciais sobre clientes potenciais, que non eran xa demasiado optimistas, xa que se preveía unha ocupación dun 50% durante a semana e dun 90% as fins de semana. 
A contable baixou esta estimación e, aínda así, os resultados son positivos dende o inicio da actividade, o que é de resaltar xa que, na maioría das empresas nacentes, hai que esperar varios anos para obter beneficios.
Como se comenta por outros membros do equipo, quizais o ratio de liquidez sexa excesivo, pero hai consenso tamén en utilizar este remanente en captación e fidelización de clientes e investimentos en equipo humano, que nos permitan seguir no bo camiño e respectando sempre a filosofía inicial.

Opinión de Flor (Coordinadora)

Os datos da análise económica financeira botan un beneficio no primeiro ano de vida da nosa empresa. Polo tanto, é viable.
A proporción de fondos propios en relación ao capital prestado a entidades financeiras é óptimo.
A empresa é solvente e ten liquidez, se ben, presenta un exceso de liquidez motivado pola nosa tesouraría. Existe demasiado diñeiro improdutivo, existe un custo de oportunidade e deberiamos optimizar os devanditos recursos, destinando unha maior contía e recursos a publicidade e mercadotecnia, aspecto esencial no crecemento da nosa empresa, ben investindo nalgún produto financeiro, que puidese xerar rendibilidade.

Opinión de Miriam (Creativa)

Por una parte, del análisis de las cinco ratios según el Modelo Unidimensional de Oriol podemos concluir en términos generales que nuestro Restaurante Km 0 es solvente desde el primer año dados los resultados positivos que se reflejan, con lo cual, no tendremos problemas de endeudamiento ni de solvencia durante los próximos cinco años.

La única ratio que tendríamos que solucionar sería la de liquidez por su exceso, el cual podría ser corregido llevando a cabo una mayor inversión en publicidad y marketing para optimizar la captación de clientes; en activos; en la contratación de personal; en la restauración del local e incluso podríamos plantearnos ampliar nuestros segmentos de mercado.
Por otra parte, según el Modelo de Altman nuestra empresa muestra unos indicadores económicos óptimos desde el inicio ya que se halla fuera de la zona de peligro y de atención, con lo que se deduce que no va a tener problemas de insolvencia y que será una empresa viable.