Idea de negocio

Invitamos a todos os amantes da cultura gastronómica "a subirse ao noso tren" co obxectivo de emprender unha travesía para os sentidos, unha experiencia gastronómica e emocional que respecta as nosas raíces pola tradición, as orixes e os produtos pero coa vista permanentemente posta no século XXI xa que, o noso restaurante de alta cociña combina á perfección tradición e modernidade recuperando as receitas galegas tradicionais e achegándolles un aroma innovador e distintivo, o que fai del un lugar único.

A nosa marca é a investigación, a formación, a innovación e a creatividade en cada un dos nosos pratos buscando sorprender o cliente e garantíndolle un servizo de calidade e unha excelente relación entre as materias primas e o prezo.

Ofrecemos unha ampla carta de tapas e porcións así como de menús personalizados ao gusto e ás necesidades dos nosos clientes, acompañada dunha exquisita selección de cócteles e viños. Toda unha experiencia gastronómica na que o cliente é o protagonista nesta viaxe de multitude de sensacións.

Sobre a base da nosa filosofía de fomentar os produtos locais e estacionais; así como de respectar o medio, engadimos que o noso restaurante é de Quilómetro Cero. O que esixe nos nosos pratos tres requisitos: en primeiro lugar que, o 40% dos ingredientes deben ser de procedencia local (comprados directamente ao produtor a menos de 100 km); en segundo lugar, que o 60% dos ingredientes restantes deben ter certificación ecolóxica e, por último, que ningún prato pode ter alimentos transxénicos ou animais que se alimentasen con eses alimentos.

Nesta travesía para os sentidos son tamén de vital importancia: a calidez e a harmonía do noso espazo, a decoración e a música de fondo acariciando o padal dos nosos comensais.