Contexto do Curso

Este proxecto fíxose no marco do Curso de Formación do Profesorado de Proxectos e Modelos de Negocio na Formación Profesional, organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación de Galicia.

O deseño, planificación, execución e avaliación do curso é obra de Gemma Blanco Cabana e Jesús González Amillo. Co mesmo trasládase aos profesores participantes un novo xeito de facer os proxectos do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora, utilizando ferramentas on line e técnicas de Design Thiking. 

Os profesores participaron en equipos de cinco; o punto de partida foi unha empresa presentada como modelo, e dividíndose as tarefas e traballando nun espazo virtual ( G. Sites) e mediante un xestor de proxectos, tiñan que elaborar o seu propio modelo de negocio.

Como forma de manter unha referencia para a súa aplicación na aula e como recordatorio do que se fixo, xa que as ferramentas coas que se traballou durante o curso non o permiten, trasladáronse os materiais duns dos equipos a formato web unha vez rematado o curso, son os materiais que aquí vos presentamos.