Decisións de produto

A nosa empresa, Kilómetro 0, adícase ao sector da restauración. O noso produto, no nivel básico, satisfaría as necesidades dos nosos clientes relativas a alimentación e ocio, xa que ofrecemos servizos de comidas e bebidas.

Dentro da nosa oferta, distinguimos tres liñas de produto:

  • TAPAS E RACIÓNS
  • MENÚ Á CARTA
  • SERVIZO DE COCTELERÍA

O nivel formal desta carteira de produtos sería:

1. Tapas e racións:

Elaboración de pratos con estándares de calidade altos e seguindo os criterios da alta cociña pero a un prezo máis asequible que un menú á carta. Utilízanse materias primas de alta calidade, adquiridos a produtores locais na medida do posible e algúns deles con certificación ecolóxica. A forma de elaboración será sempre innovadora, reinventando as receitas tradicionais galegas.

2. Menú á carta:

Selección de pratos elaborados con produtos locais e de calidade a un prezo máis alto que as tapas e racións, pero coa mesma filosofía da alta cociña, innovación e comida saudable. A carta incluirá produtos estacionais e cambiarase en función dos mesmos.

3. Servizo de bodega e coctelería:

Selección de viños galegos e elaboración de cócteles utilizando na medida do posible produtos locais e onde prime a forma de presentación.

No nivel aumentado contemplamos para os nosos produtos e servizos:

A. Criterios kilómetro 0: Nas tres liñas de produto cumpriranse os criterios esixidos para considerarse un restaurante kilómetro 0 que segue a filosofía do “slow food”, que son:

  • O 40% dos ingredientes deben ser de procedencia local (comprados directamente ao produtor a menos de 100 km)
  • O 60% dos ingredientes restantes deben ter certificación ecolóxica

Ningún prato pode ter alimentos transxénicos ou animais que se alimentasen con eses alimentos.
B. Produtos adaptados a intolerancias alimentarias: ofertaranse sempre tanto nas racións como no menú pratos aptos para celíacos, intolerantes á lactosa, ...

C. Pratos para vexetarianos e veganos: tamén aparecerán sempre na nosa carta elaboracións que atendan a este tipo de clientes.

D. Coctelería personalizada: Elaboración de cócteles personalizados. Ofertaranse tamén, dentro da nosa liña innovadora, novas fórmulas ou reinventarase os cócteles tradicionais.

E. Posibilidade de reservas a través dunha app específica ou dende a nosa páxina web